miércoles, 13 de agosto de 2008

I Certame de MicroRelatos A Guarda

O 29 de xullo tivo lugar a reunión do xurado cualificador do I Certame de MicroRelatos A Guarda, convocado pola Biblioteca Pública Municipal da Guarda e a Rede de Dinamización da Sociedade da Información do Concello da Guarda.

Formaron parte do xurado ós seguintes membros:

Presidente:
Antonio Lomba Baz: Profesor de Tecnoloxía no I.E.S. A Sangriña, Concelleiro de Cultura e Novas Tecnoloxías do Concello da Guarda.

Vocais:
Marta Dacosta Alonso: Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa, docente de Ensino Medio, membro directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega, poeta, gañadora do 1º premio de poesía "O Grelo" en 1993, premio González Garcés de poesía 1995, premio "Martín Códax", accésit del premio de poesía Esquío 1999 ; colaboradora en Castrellis, Olisbos, Dorna, A festa da palabra silenciada, Congostray e outras revistas e xornais.
Antón Ferreira Lorenzo: Mestre, correspondente do xornal Atlántico Diario, administrador da páxina web galiciasuroeste.info, autor de publicacións e colaboracións en diversas revistas e xornais.
Ricardo Rodríguez Vicente: Correspondente do Xornal Faro de Vigo e do blogue Infogauda, escritor e investigador local.

O xurado acordou outorgar os seguintes premios:

Premio gañador do certame ó microrrelato titulado Perfecto amor, de MANUEL DAVID ARCE MARTINO, de Miraflores, Lima, Peru.

Accésit ó microrrelato titulado No enterro, de RAQUEL PÉREZ RODRÍGUEZ, da Guarda.


No blogue creado para este certame, conpoucaspalabras.blogspot.com, votaron 176 persoas. O relato gañador outorgado polos internautas cun total de 52 votos é o relato Aquel foguete, de ANSELMO MARTÍNEZ PENA, da Guarda.

A entrega dos premios terá lugar nun acto que se celebrará na segunda quincena do mes de setembro no Centro Cultural da Guarda en data aínda por determinar.

Os organizadores do certame e membros do xurado, participamos ás nosas felicitacións ós gañadores e agradecemos a participación de todas as persoas que fixeron posible este I Certame de MicroRelatos A Guarda.

No hay comentarios: