lunes, 15 de diciembre de 2008

GAÑADORES DO I CERTAME DE MICRORELATOS A GUARDA


DAVID ARCE MARTINO, GAÑADOR DO PREMIO DO XURADO





Entrega simbólica do premio a David Arce por Rubén Carlos Hermida Garazo, dinamizador tecnolóxico da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do Concello da Guarda.




Perfecto amor
Un home conversa cunha muller por Internet. Logo de dez minutos el dille que se atopa locamente namorado dela. Pouco despois ela dille que non é ela senón el. El dille que fermoso, eu non son el se non ela. Logo de quince minutos eles seguen locamente namorados e deciden enviarse as súas fotos e verdadeiros nomes. El, que agora é ela móstrase máis impaciente e dille que quere escoitar a súa voz. Ela, que agora é el, di que está de acordo. Namóranse rápidamente das súas voces e logo de cinco minutos cada un apaga o seu ordenador soñando no amor perfecto, sen saber que catro horas máis tarde durmirán xuntos esgotados de tanto traballo, logo de deitar aos nenos.
Manuel David Arce Martino. Miraflores, Lima, Perú.

ANSELMO MARTÍNEZ PENA, GAÑADOR DO PREMIO DOS INTERNAUTAS






Antonio Lomba Baz, Concelleiro de Cultura entregando o premio a Anselmo Martínez no Centro Cultural da Guarda


Aquel Foguete
…como vou a esquecer aquel día que me pediches o cigarro que eu estaba fumando. ¡Nun pensei que fose para acender un fogete!. Acababa de gañar o Madri unha copa.Ti estabas tan eufórico... Arrimaches o cigarro a mecha e empezou a arder, o foguete saíu das túas mans con forza, pero a cana enganchouse no teu nike branco (como a camisola do R. Madrid) que tiñas posto. Atrullástete tanto que non deste desembelledado a cana do nike. O teu instinto fixo que taparas a cara co as mans.Uns intres despois estabas sen catro dedos da man dereita e parte da cara queimada.Coa mesma euforia dixéchesme: ¡Isto nun é nada! ¡Gañamos a quinta Copa de Europa!.
Anselmo Martínez Pena. A Guarda


RAQUEL PÉREZ RODRÍGUEZ, ACCÉSIT DO XURADO

Entrega do premio a Raquel por Marisol Diz Amil, Bibliotecaria da Guarda
No enterro
E alí estaba el. Tiña un aspecto plácido e tranquilo, case feliz, como de estar en paz con el mesmo. Ten narices que a única vez que vin feliz ó vello fose no seu propio enterro. Mirándoo alí, metido na caixa, case resultaba difícil comprender por qué sempre me infundira tanto respecto. Había quen dicía que a maquilladora da funeraria fixera un bo traballo, no entanto eu preguntábame a quen atoparía no outro mundo para que lle quedase esa cara de felicidade neste. Quizais fose a muller, ou un irmán, pero o máis probable é que fose o demo, pois noutra época deberon de ser bos amigos.
Raquel Pérez Rodríguez. A Guarda.