miércoles, 23 de julio de 2008

No enterro

E alí estaba el. Tiña un aspecto plácido e tranquilo, case feliz, como de estar en paz con el mesmo. Ten narices que a única vez que vin feliz ó vello fose no seu propio enterro. Mirándoo alí, metido na caixa, case resultaba difícil comprender por qué sempre me infundira tanto respecto. Había quen dicía que a maquilladora da funeraria fixera un bo traballo, no entanto eu preguntábame a quen atoparía no outro mundo para que lle quedase esa cara de felicidade neste. Quizais fose a muller, ou un irmán, pero o máis probable é que fose o demo, pois noutra época deberon de ser bos amigos.
Raquel Pérez Rodríguez. A Guarda

No hay comentarios: