sábado, 12 de julio de 2008

Sucedeu fai cincuenta...

Sucedeu fai cincuenta e cinco anos…, aínda sigo soñando de cando en vez ca fame, compañeiros de escola descalzos. Co frío do inverno que calaba ata os osos, cos tinteiros de chumbo,cos marmelos verdes do inverno, sopas de allo, papas de caldo, pes descalzos, miseria, fame, “Cara al Sol” e “Prietas las Filas”.
De repente, sen ter radio, nin ir ó cinema, chega as nosas mans un milagre impreso en cores relucentes, unha revista, con peixes, animais, paisaxes e países, que nos pasmaron e encheron da ledicia que ata esa non coñeceramos. Era a NATIONAL GEOGRAPHIC. O gran descubrimento da miña xeración do 43. Era a vida mesma, a esperanza…!
José Antonio Uris Guisantes. A Guarda

No hay comentarios: