A Biblioteca Municipal da Guarda e a Rede de Dinamización do Concello da Guarda convocan o I CERTAME DE MICRO-RELATOS co fin de promover as novas tecnoloxías aplicadas á lectura.
Poderán participar persoas maiores de 18 anos en diante sempre que o relato estea escrito en galego, sexa inédito e non presentado noutros certames.
O tema será libre, cunha extensión máxima de 8 liñas escritas en fonte Times New Roman 12.
A presentación das obras se realizará do modo seguinte: se remitirán ó enderezo electrónico microrelatosaguarda@gmail.com xunto cos datos persoais do autor/a (nome, apelidos, enderezo, teléfono de contacto, enderezo de correo electrónico)
O prazo de presentación remata o día 24 de xullo de 2008 ás 10 da mañá. Non se admitirán ás obras remitidas fóra de prazo.
Haberá dous premios, un outorgado polos internautas, que votarán a partires do día 25 de xullo de 2008 no modo que se indicará no seu momento no blog creado para este certame; outro premio será outorgado por un Xurado formado por persoas relacionadas coas letras. O Xurado poderá conceder un accésit.
Os premios poderán ser declarados desertos.
O fallo do xurado se dará a coñecer a partires do día 30 de xullo de 2008
O fallo de ámbolos dous premios será inapelable.
Tódalas obras presentadas quedan en poder dos organizadores, podendo publicalas no xeito que consideren conveniente, figurando sempre o nome do autor/a.
Os traballos presentados quedarán publicados no blog http://www.conpoucaspalabras.blogspot.com/
O premio consistirá na entrega dun pen drive USB, lote de libros en lingua galega e diploma.
A participación neste Certame significa a aceptación total das bases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario