miércoles, 9 de julio de 2008

Memoria das bágoas

Angustia, incerteza, dor, medo, moito medo ao que espera por diante e a continuar co xa coñecido, medo a enfiar novos camiños fora da terra.Andar de carros, gamelas, pausas de pobos pequenos e perdidas aldeas. Mar, bágoas, desacougo, sirena dun barco que se afasta en busca de ilusións e esperanzas. Abrazos, mans que se axitan nunha despedida probablemente definitiva no tempo, deixando o loito por herdanza.
Días e días de suba e baixada de mareas, de linguaxes diferentes, de roupas descoloridas por falta de futuro e soños contidos, de fame e de tristura. Finalmente a chegada ao sitio ansiado, e unha vez alí...
Edificios, ruídos, tráfico intenso, presas, rúas con mares de xentes descoñecidas que sorrín, calidez, traballo, futuro, arela do regreso, e morriña, moita morriña, para sempre...
María C. Vicente F. A Guarda

jueves, 3 de julio de 2008

BASES


A Biblioteca Municipal da Guarda e a Rede de Dinamización do Concello da Guarda convocan o I CERTAME DE MICRO-RELATOS co fin de promover as novas tecnoloxías aplicadas á lectura.

Poderán participar persoas maiores de 18 anos en diante sempre que o relato estea escrito en galego, sexa inédito e non presentado noutros certames.

O tema será libre, cunha extensión máxima de 8 liñas escritas en fonte Times New Roman 12.

A presentación das obras se realizará do modo seguinte: se remitirán ó enderezo electrónico
microrelatosaguarda@gmail.com xunto cos datos persoais do autor/a (nome, apelidos, enderezo, teléfono de contacto, enderezo de correo electrónico)

O prazo de presentación remata o día 24 de xullo de 2008 ás 10 da mañá. Non se admitirán ás obras remitidas fóra de prazo.

Haberá dous premios, un outorgado polos internautas, que votarán a partires do día 25 de xullo de 2008 no modo que se indicará no seu momento no blog creado para este certame; outro premio será outorgado por un Xurado formado por persoas relacionadas coas letras. O Xurado poderá conceder un accésit.

Os premios poderán ser declarados desertos.

O fallo do xurado se dará a coñecer a partires do día 30 de xullo de 2008

O fallo de ámbolos dous premios será inapelable.

Tódalas obras presentadas quedan en poder dos organizadores, podendo publicalas no xeito que consideren conveniente, figurando sempre o nome do autor/a.

Os traballos presentados quedarán publicados no blog
http://www.conpoucaspalabras.blogspot.com/

O premio consistirá na entrega dun pen drive USB, lote de libros en lingua galega e diploma.

A participación neste Certame significa a aceptación total das bases.